Política de cookies
Última actualización: 7 de novembro de 2026. En caso de dúbida prevalece a versión en castelán.
Esta web non usa cookies de análise, publicidade nin redes sociais, e non carga contidos de terceiros que as instalen (as fontes de letra sérvense desde a propia web). Por iso non che pedimos que aceptes cookies.
Que se garda no teu navegador
Só o necesario para que funcione o que ti usas (almacenamento técnico, exento de consentimento segundo o art. 22.2 da LSSI-CE):
- A túa cesta e o plan de estudio que escollas, para que non se perdan ao recargar a páxina. Quedan só no teu navegador: non nos chegan ata que ti envías o formulario.
- A caixa «Empresa» da cesta.
- O idioma que escolliches para a web.
- Grupos abertos ou pechados das listas, para lembrar como os deixaches.
- Se entras como administrador de WordPress, as cookies de sesión propias de WordPress.
Podes borrar estes datos cando queiras desde a configuración do teu navegador («Borrar datos de sitios»).
Se no futuro engadimos estatísticas de visitas ou outras cookies non técnicas, actualizaremos esta páxina e pedirémosche permiso antes de usalas.